Segundo o artigo 18.3 da Lei 42/1997 de Ordenación da Inspección de Traballo e S.S. (derogada por Ley 23/2015 - Ver Disp. Trans. 1ª) a Autoridade Central da Inspección de Traballo e Seguridade Social ten entre as súas competencias (apartado 3.7) "A definición dos criterios técnicos e operativos comúns" para o desenvolvemento da función inspectora en aplicación dos obxectivos de carácter xeral que defina a Conferencia Sectorial. "
A Dirección Xeral da ITSS (como Autoridade Central) considera oportuno e conveniente ofrecer a todas as empresas e cidadáns interesados, determinados Criterios Técnicos co obxectivo de informar sobre cuales son as interpretacións que realiza este órgano directivo, sobre determinadas cuestións relativas á normativa laboral no exercicio das súas funcións.
Polo tanto, neste apartado inclúense para un coñecemento xeral, determinados Criterios Técnicos ditados dende o primeiro de xaneiro do ano 2009 .