Cabeceira

Saltar Cabeceira

Contenido

Saltar Contenidos

Quen somos /  Centenario ITSS 1906-2006

Centenario ITSS 1996-2006

100 anos ao servizo do cidadán

Centenario ITSSCon motivo do centenario da Inspección de Traballo e Seguridade Social (01-03-2006), ofrécese esta información dedicada á historia da institución e á súa relación co dereito social.

A Inspección de Traballo nace no noso país a principios do século XX como un dos froitos máis importantes do Instituto de Reformas Sociais, e aprobouse a súa primeira norma reguladora mediante o Real decreto do 1 de marzo de 1906. Dende tal data encoméndaselle a vixilancia do cumprimento da incipiente lexislación social da época (Lei de accidentes de traballo do 30 de xaneiro de 1900, Lei sobre traballo de mulleres e menores do 13 de marzo de 1900, Lei de descanso dominical do 3 de marzo de 1904...). As funcións inspectoras son obxecto de regulación xa no ano 1909 e, logo da creación do Ministerio de Traballo o 20 de maio de 1920, establécese unha inspección xeral de carácter rexional, que se convertía en provincial coa reestruturación do devandito ministerio efectuada no ano 1932.

(No apartado sinalado desta Web, Sala de Comunicacións > Material Gráfico, podedes consultar todas as fotografías correspondente aos actos conmemorativos do "Centenario ITSS")