Ministerio de Traballo e Economía SocialWebs de emprego no exterior. Ministerio de Traballo e Economía Social

Webs de emprego no exterior

logo webs empleo

O Ministerio de Traballo e Economía Social desenvolveu unhas Webs de Emprego nalgunhas das súas Consellerías no exterior para ofrecer información de fácil acceso e inmediata utilidade práctica aos cidadáns españois que están a buscar emprego no exterior.

Estas webs responden as características concretas de cada un destes países, os seus mercados de traballo e normativas específicas. As webs conteñen consellos útiles antes de viaxar, consellos para a preparación do currículo e a entrevista de traballo, indicacións sobre onde buscar emprego, sobre como emprender un negocio ou como acceder a servizos esenciais como a sanidade, a Seguridade Social etc, así como informacións prácticas sobre a validación de títulos, idiomas, procura de vivenda, ligazóns de interese, etc.