No Ministerio utilizamos cookies de diferentes tipos, algunhas delas son opcionais. Pode configurar cada tipo de cookie no seu dispositivo e tamén o seu uso específico. Se rexeitas as cookies opcionais, só se utilizarán as cookies necesarias e obrigatorias para que o sitio web funcione correctamente.
Política de Cookies.
Pode optar por excluír algúns tipos de cookies. Pode facer clic nas diferentes opcións que aparecen á esquerda desta xanela e cambiar a nosa configuración predeterminada. Teña en conta que se bloquea algúns tipos de cookies o uso do sitio pode verse afectado, ademais dalgúns servizos que podemos ofrecerlle a través da nosa web.
×
Cookies estritamente necesarias
Estas cookies son para que a web funcione e non se poden deshabilitar. De forma xeral, só se empregan en accións como cando solicita servizos, establece preferencias de privacidade, inicia sesión ou completa formularios.
Cookies analíticas
Empréganse para analizar o comportamento ao visitar as páxinas web do portal para unha mellor experiencia. Recompilan información estatística anónima sobre o uso do servizo. Se desactiva estas cookies, non teremos información sobre cando visitou o noso sitio web.
Cookies de Google Analytics
Úsanse con fins analíticos, axudan a recopilar datos que permiten aos servizos entender como interactúa cun servizo en particular. Esta información úsase para mellorar o contido dos servizos e as súas funcións, e así ofrecerlle unha mellor experiencia.
Se as desactiva:
Non poderemos acceder aos datos estatísticos de navegación dos usuarios, o que non poderá permitirnos mellorar e ofrecerlles contido e funcionalidades que se traduzan en servirlles unha mellor experiencia de navegación.
DesactivadasActivadas
Cookies de Siteimprove.
Úsanse con fins analíticos, axudan a recopilar datos que permiten aos servizos entender como interactúa cun servizo en particular. Esta información úsase para mellorar o contido dos servizos e as súas funcións, e así ofrecerlle unha mellor experiencia.
Se as desactiva:
Non poderemos acceder aos datos estatísticos de navegación dos usuarios, o que non poderá permitirnos mellorar e ofrecerlles contido e funcionalidades que se traduzan en servirlles unha mellor experiencia de navegación.
DesactivadasActivadas
Cookies de Twitter
Estas cookies ofrécenlle unha experiencia mellor, máis rápida e segura en Twitter. Manteñen a súa sesión aberta en Twitter, gardan as súas preferencias e comprenden como interactúa cos nosos servizos e onde podemos mellorar.
Se as desactiva:
Non poderá usar a aplicación mentres estea a navegar pola nosa web. De igual xeito, non poderá compartir nin comentar ningunha das publicacións suxeitas a Twitter que estean dentro da nosa páxina web.
DesactivadasActivadas
Cookies de Youtube.
As cookies de Youtube empréganse para que vostede poida visualizar os vídeos que están aloxados na nosa páxina web dunha maneira rápida e eficaz.
Se as desactiva:
Non poderá visualizar os vídeos que se aloxan na nosa páxina web
Os graduados sociais exercen unha profesión regulada como asesores xurídicos en materia socio-laboral, expertos en relacións laborais e recursos humanos. Xunto cos avogados e procuradores, os graduados sociais poden intervir ante os órganos xudiciais da xurisdición social. Neste sentido, o artigo 545.3 da Lei Orgánica do Poder Xudicial establece que: «nos procedementos laborais e de Seguridade Social, a representación técnica poderá ser exercida por un graduado social colexiado, a quen lle serán de aplicación as obrigas inherentes á súa función, consonte co disposto no seu ordenamento xurídico profesional».
Entre as súas principais competencias están:
En vía administrativa: exercer a representación e a dirección técnica do procedemento perante a Inspección de Traballo, na conciliación previa á vía xudicial, ante o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS); Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), entre outros.
En vía xudicial: exercer a representación perante órganos xurisdicionais na orde social en todo tipo de procedementos laborais ou da Seguridade Social como: despedimentos; prestacións contributivas e non contributivas; INSS; reclamacións de salarios; clasificación profesional; sancións; ou ben exercer como peritos en materia laboral e social ante os Tribunais de Xustiza.
Prestar servizos a empresarios e asesorar ós traballadores nas numerosas materias.
Prestar servizos ós beneficiarios da Seguridade Social, como: habilitación; asesoramento e trámite de prestacións; xubilación; invalidez viuvez; orfandade; asistencia social.
Acceso á profesión
Para exercer a profesión de Graduado Social é preciso cumprir cos seguintes requisitos:
Estar en posesión dun título que acredite a formación específica para o devandito exercicio profesional. A denominación concreta do título varía en función do plan de estudos vixente no momento da súa obtención (estudos de Graduado Social nas antigas Escolas Sociais ou Diplomaturas en Relacións Laborais e Recursos Humanos) e da denominación ofrecida por cada Universidade (a máis frecuente actualmente é «Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos», tamén «Grao en Relacións Laborais e Emprego» entre outras).
E ó mesmo tempo estar inscrito no Colexio Oficial da provincia onde se desenvolva principalmente a actividade profesional.
Os cidadáns da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo, ademais, deben contar con:
Declaración de equivalencia do título.
Homologación, é dicir, o recoñecemento oficial para o acceso a esa profesión regulada en España.
Competencias por departamentos ministeriais:
O Ministerio de Traballo e Economía Social é competente para:
A expedición de títulos de «Graduado Social» obtidos antes da incorporación ó ensino universitario (até o plan de estudos de 1980 incluído). [Consulta aquí a nota informativa do procedemento para a expedición destes títulos ou os seus duplicados].
O Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes (Dirección Xeral para o Servizo Público de Xustiza), consonte co Real Decreto 204/2024, de 27 de febreiro exerce as seguintes competencias:
O exercicio das competencias que lle atribúa a normativa en materia de acceso á profesión de graduado social.
As relacións co Consello Xeral e Colexios oficiais de Graduados Sociais de España. Antes o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, de conformidade co artigo 109.1 dos Estatutos Xerais dos Colexios Oficiais de Graduados Sociais, Real Decreto 1415/2006, de 1 de decembro de 2006.
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades é competente para a declaración de equivalencia de títulos obtidos no marco de sistemas de educación superior estranxeiros a un nivel académico oficial español de Grao e Máster Universitario, sen que iso habilite para o exercicio dunha profesión regulada en España, consonte co Real Decreto 889/2022, de 18 de outubro.