Ministerio de Traballo e Economía SocialServicio del hogar familiar. Ministerio de Traballo e Economía Social

Rastro de migas

  • Inicio
  • Servicio del hogar familiar

Servicio del hogar familiar

Novidades no ámbito do sistema especial para empregados de fogar

Como consecuencia da aprobación do Real Decreto-lei 29/2012, de 28 de decembro, de mellora de xestión e protección social no Sistema Especial para Empregados de Fogar e outras medidas de carácter económico e social (BOE de 31 de decembro de 2012), introducíronse unha serie de modificacións na configuración xurídica do Sistema Especial para Empregados de Fogar. Por outra banda, o Real Decreto-lei 28/2018, de 28 de decembro, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego variou as bases e o tipo de cotización por continxencias comúns e a súa distribución entre empregador e empregado así como o tipo de cotización por continxencias profesionais a cargo exclusivo do empregador.

Afiliación, alta e baixa na Seguridade Social:

Desde o 1 de abril de 2013, os traballadores incluídos no Sistema Especial para Empregados de Fogar establecido no Réxime Xeral da Seguridade Social que presten os seus servizos durante menos de 60 horas mensuais por empregador deberán formular directamente a súa afiliación, altas, baixas e variacións de datos cando así o acorden con tales empregadores. En todo caso, as solicitudes de alta, baixa e variacións de datos presentadas polos empregados de fogar deberán ir asinadas polos seus empregadores.

Cotizacións á Seguridade Social:

Con efectos dende o día 1 de setembro de 2021, as bases de cotización por continxencias comúns e profesionais determinaranse con arranxo á seguinte escala, en función da retribución percibida polos empregados de fogar:

Tramos, retribucións mensuais e bases de cotización
Tramo Retribucións mensuais coa proporción de pagas extraordinarias €/mes Basee de cotización €/mes Máximo horas traballadas
Ata259,00 222,00
Desde 259,01 ata 403,00 365,00
Desde 403,01 ata 548,00 509,00
Desde 548,01 ata 692,00 653,00
Desde 692,01 ata 838,00 798,00
Desde 838,01 ata 981,00 941,00
Desde 981,01 ata 1.125,90 1.125,90
Desde 1.125,91 ata 1.228,00 1.177,00
Desde 1.228,01 ata 1.388,00 1.322,00
10º Desde 1.388,01 Retribución mensual

No ano 2021, o tipo de cotización por continxencias comúns será o 28,30%, sendo o 23,60% a cargo do empregador e o 4,70% a cargo do empregado.

Para a cotización por continxencias profesionais aplicarase o 1,50%, a cargo exclusivo do empregador.

Con efectos desde o 1 de abril de 2013, o empregado de fogar que preste os seus servizos durante menos de 60 horas mensuais por empregador, e que acordase con este último a asunción das obrigacións en materia de encadramento no Sistema Especial para Empregados de Fogar, será o suxeito responsable da obrigación de cotizar. Deberá, por tanto, ingresar a achega propia e a correspondente ao empregador (ou, no seu caso, empregadores) co que manteña tal acordo, por continxencias comúns e profesionais.

A base de cotización mensual a aplicar pola Tesouraría Xeral da Seguridade social a efectos de determinar a cota a ingresar en función dos datos de que aquela dispoña, non poderá ser inferior ás indicadas a continuación:

Nos casos de contratos a tempo completo ou cando as horas de traballo sexan 160 mensuais ou 40 semanais, a base de cotización non poderá ser inferior á prevista no tramo no que se atope incluída a retribución equivalente ao salario mínimo interprofesional mensual vixente, incrementado coa parte proporcional das pagas extraordinarias que teña dereito a percibir o empregado ou a empregada.

Nos supostos de contratos a tempo parcial ou cando as horas de traballo sexan inferiores a 160 horas mensuais ou 40 semanais e a retribución pactada sexa mensual, a base de cotización non poderá ser inferior á prevista no tramo no que se atope incluída a retribución equivalente ao salario mínimo interprofesional mensual vixente, incrementado coa parte proporcional das pagas extraordinarias en proporción á xornada pactada no contrato.

Nos supostos de contratos a tempo parcial, naqueles casos de empregados de fogar que traballen por horas en réxime externo pactándose unha retribución por horas que inclúa todos os conceptos retributivos, a base de cotización non poderá ser inferior á prevista para o tramo no que se inclúa a retribución que resulte de multiplicar o salario mínimo por hora vixente polo número de horas mensuais de traballo.

No caso de que non conste á Tesouraría Xeral da Seguridade Social que a retribución pactada sexa mensual ou por horas, considerarase aos efectos establecidos neste apartado, que a retribución pactada é mensual, sen prexuízo de que os empregadores poidan probar, a través de calquera medio admitido en dereito, que a retribución se pactou por horas. 

Máis información