Estatísticas

Portal do Traballo Autónomo

Portal do Traballo Autónomo

 

Metodoloxía até o 31 de decembro de 2023:

Desde a Subdirección Xeral de Traballo Autónomo publícanse cada mes e trimestre datos estatísticos relativos ó traballo autónomo.

No tocante á fonte e metodoloxía, a Tesourería Xeral da Seguridade Social subministra a información dos ficheiros das persoas afiliadas ós distintos réximes por conta propia da Seguridade Social: Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) e Réxime Especial de Traballadores do Mar (RETM).

A partir desta información, realizamos un proceso de cruzamento das variables dispoñibles, elaborando táboas e gráficos que conteñen datos estatísticos actualizados sobre as persoas traballadoras por conta propia.

Como resultado do anteriormente mencionado, publícase cada mes unha estatística que contén datos estatísticos relativos a traballadoras e traballadores autónomos onde podes procurar o resumo das variacións mensuais e unha evolución histórica. Alén disto, poder ver outros apartados que ofrecen datos por Comunidades Autónomas, sectores e colectivos.

Ademais, cada trimestre publícase unha estatística onde podes consultar datos estatísticos relativos a traballadoras e traballadores autónomos, divididos en tres documentos nos que se achega información sobre o resumo dos resultados, estatísticas completas así como o perfil das persoas afiliadas por conta propia por Comunidades Autónomas.

Podes consultar a nota metodolóxica aquí: Nota metodolóxica previa a 2024.

Metodoloxía a partir do 1 de xaneiro de 2024:

A partir desta data, elaborarase unha única estatística cada mes que ten como obxectivo o estudo das persoas traballadoras por conta propia afiliadas á Seguridade Social, tanto no Réxime Especial dos Traballadores Autónomos (RETA) como no Réxime Especial de Traballadores do MAR (RETM).

Preséntanse datos do número de traballadores por conta propia clasificados por réxime, colectivo, sexo, idade, nacionalidade, comunidade autónoma e provincia, sector, sección e división da CNAE, base de cotización e antigüidade, entre outros.

A información achegada é mensual e vai referida ó conxunto do territorio español.

Podes consultar a nota metodolóxica aquí: Nota metodolóxica previa a 2024.