A Estratexia Nacional de Fomento do Traballo autónomo 2022-2027 (ENDITA), que xorde como unha iniciativa do Ministerio de Traballo e Economía Social, quere impulsar o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras vinculadas aos sectores da economía verde.
Estes deben contribuír a promover a transición ecolóxica, conservar a biodiversidade e estaren directamente vinculadas aos sectores da denominada “economía verde”: produción ecolóxica de alimentos, turismo sostible, enerxías renovables, eficiencia enerxética, economía circular, mobilidade sostible, renaturalización urbana, xestión do patrimonio natural e das áreas protexidas, etc.
Para iso, tamén se promove un traballo autónomo máis sostible ecoloxicamente en coordinación coas estratexias de Infraestrutura Verde e Conectividade e Restauración Ecolóxicas, e a estratexia de Bioeconomía Horizonte 2030.
Existen subvencións a nivel autonómico para apoiar o fomento da Economía Verde no traballo autónomo. Encontra a túa convocatoria segundo a túa CCAA.
Andalucía Aragón Asturias, Principado de Baleares, Islas Canarias, Islas Cantabria Castilla y León Castilla - La Mancha Cataluña Ceuta, Ciudad de Extremadura Galicia Madrid, Comunidad de Melilla, Ciudad de Murcia, Región de Navarra, Comunidad Foral de País Vasco Rioja, La Valenciana, Comunidad