A modernización do traballo autónomo (dixitalización, transición ecolóxica, emprendemento en sectores innovadores e de base tecnolóxica, etc.), implica tamén a mellora de coñecementos, competencias e habilidades.
Por iso, desde o Ministerio de Traballo e Economía Social, a “Estratexia Nacional de Impulso do Traballo Autónomo 2022-2027 (ENDITA)" incorpora como un dos seus eixes prioritarios: Promover a formación especializada para o traballo autónomo.
Como traballador ou traballadora por conta propia é moi importante que teñas os coñecementos necesarios para impulsar o teu negocio, dispor de novas ferramentas e adaptarte ás novas tecnoloxías.
Por iso, as Administracións públicas están a traballar para adaptar os contidos ás necesidades formativas do traballo autónomo.
Trátase de que as persoas emprendedoras contén con medidas de apoio e formación ao longo do ciclo de vida da súa actividade: inicio, desenvolvemento e mellora. O que favorece a consolidación do seu proxecto e que se manteña no tempo.
Actualmente, podes beneficiarte dunha serie de cursos gratuítos que ofrecen diferentes entidades públicas, como: