Rexistro Estatal de Asociacións Profesionais de Persoas Traballadoras Autónomas (REAPTA)

Portal do Traballo Autónomo

Portal do Traballo Autónomo

 

REAPTA

Rexistro Estatal de Asociacións Profesionais de Persoas Traballadoras Autónomas

Icono descriptivo

keyboard_arrow_rightObxecto

Contidos relacionados

Inscrición das Asociacións Profesionais de Traballo Autónomo, as Federacións, Confederacións e Unións de Asociacións Profesionais de Traballo Autónomo de ámbito estatal, así como as súas modificacións estatutarias, variacións dos órganos de goberno, número de asociados e entidades asociadas, e a súa cancelación. Expedición das oportunas certificacións acreditativas dos datos que consten no Rexistro.

keyboard_arrow_rightConcepto de asociación profesional de traballo autónomo de ámbito estatal

Son Asociacións constituídas segundo o disposto na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación e previamente inscritas no RRexistro Nacional de Asociacións, dependente do Ministerio do Interior.

Agrupan a persoas físicas recollidas no artigo 1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

Non poden ter ánimo de lucro.

Desenvolven a súa actividade no territorio do Estado, é dicir, non poden ter máis do 50 % dos seus asociados domiciliados nunha comunidade autónoma.

A denominación e os Estatutos teñen que facer referencia á súa especialidade subxectiva e obxectivos:

  • Subxectiva: Traballadoras e traballadores autónomos.
  • Obxectivos: Defensa dos seus intereses profesionais e funcións complementarias, artigo 19.2 do Estatuto do Traballo Autónomo.

keyboard_arrow_rightRéxime xurídico

play_arrow

Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo.

play_arrow

Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación.

play_arrow

Real Decreto 197/2009, do 23 de febreiro, polo que se desenvolve o Estatuto do traballo autónomo en materia de contrato do traballador economicamente e o seu rexistro e se crea o Rexistro Estatal de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos.

keyboard_arrow_rightRexistro administrativo

play_arrow
play_arrow

Procedemento de inscrición suxeito á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas.