Dixitalización

Portal do Traballo Autónomo

Portal do Traballo Autónomo

 

Dixitalización

Queres dixitalizar o teu negocio e adoptar ferramentas e tecnoloxías dixitais para mellorar a túa eficiencia e produtividade?

Icono descriptivo

keyboard_arrow_rightFormación

Contidos relacionados
Se queres comezar a aprender ou aumentar os teus coñecementos sobre dixitalización, existen numerosos cursos de formación dirixidos ao colectivo de traballo autónomo. Na área de Formación do Portal tes información sobre cursos e formación en diferentes áreas que che poden interesar, como os cursos gratuítos de Digitalízate+.

keyboard_arrow_rightTransformación dixital

Atopa información e axudas para facer evolucionar o teu negocio cara á transformación dixital.

play_arrow
Acelera Pyme

Se o que queres é obter soporte e información personalizada, existe unha rede de Oficinas en todo o territorio español, chamada Acelera Pyme, para axudarche na transformación dixital do teu negocio. Acelera Pyme é unha iniciativa do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital destinada a construír o ecosistema de referencia para a transformación dixital das pemes.

Imagen descriptiva
play_arrow
Kit digital

O Kit Dixital é unha iniciativa do Goberno de España, financiada desde a Unión Europea con fondos Next Generation EU, co obxectivo de dar subvencións ao colectivo de autónomos e pemes para impulsar a súa transformación dixital mediante a implantación de solucións dixitais.

Se reúnes as condicións establecidas nas bases da convocatoria da axuda do Kit Dixital, poderás dispoñer dun bono dixital que che permitirá acceder a solucións de dixitalización. Podes xestionar este bono escollendo unha ou varias das solucións dixitais que se ofrecen (xestión de redes sociais, intelixencia e analítica de negocios, xestión de procesos, ciberseguridade... e moitas máis).

Accede aquí para obteres máis información e saber como solicitar o teu bono Kit Dixital.

Imagen descriptiva