Cuotas e impuestos

Portal do Traballo Autónomo

Portal do Traballo Autónomo

 

Cotas e impostos

Como traballador ou traballadora por conta propia tes que cotizar á Seguridade Social pagando unha cota e presentar unha serie de Impostos ante Facenda.

Icono descriptivo

Ademais, darte de alta na Seguridade Social e pagar a túa cota mensual permitirache acceder ás prestacións cubertas polo sistema.

A continuación, imos darche máis información sobre a nova cotización por ingresos reais, o IVE e o IRPF.

keyboard_arrow_rightCotas

A partir do 1 de xaneiro de 2023 existe un novo sistema de cotización para as persoas traballadoras por conta propia e mellórase a protección ao cesamento de actividade.

Deseguido, indicámosche os principais aspectos deste novo sistema de cotizacións:

  • Comunicación de actividades
  • Cotización en función dos rendementos obtidos
  • Posibilidade de modificar a base de cotización se os rendementos varían
  • Regularización da cotización á Seguridade Social
  • Tarifa plana para novos autónomos
  • Novidades nos beneficios aplicables á cotización para autónomos en 2023

Para máis información, preme aquí.

Calcula a túa cota

Coñece a cota mensual que debes pagar

Esta calcúlase en función dos rendementos que estimes ter ao longo do ano

keyboard_arrow_rightImpostos

Como traballadora ou traballador por conta propia tes algunhas obrigas tributarias. Trátase do pagamento dos dous impostos principais, o IVE e o IRPF. E se, por exemplo, traballas como empresa, tamén terás que pagar o imposto de sociedades.

play_arrow

O Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) é un imposto indirecto que recae sobre o consumo. Preséntase trimestralmente en Facenda co modelo 303 e anualmente co modelo 390. Existen actividades que dan dereito á dedución do IVE, preme aquí para máis información.

play_arrow

O Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) é un imposto directo que grava a renda das persoas físicas: preséntase trimestralmente ante Facenda, dependendo do réxime que elixas, preséntase un modelo ou outro. Existen deducións no IRPF, infórmate delas aquí.