A Fundación INCYDE (Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa) é unha institución creada en 1999 por iniciativa das Cámaras de Comercio, dedicada á promoción e formación do espírito emprendedor, á mellora da cualificación dos empresarios e á creación e consolidación de empresas, dotándoas dun espazo onde poidan desenvolver as súas ideas de negocio.
Para iso, crea a Rede de Viveiros que pon ao servizo das novas persoas emprendedoras, e as asesora durante os primeiros anos de emprendemento ata a súa consolidación.
Poderán instalarse, durante un tempo determinado, nalgún dos viveiros de empresas da Rede da Fundación INCYDE, que se atopan repartidos por todo o territorio nacional. Nestas infraestruturas, nas que só se realiza o pago en concepto de “cesión de espazo”, pódese iniciar a actividade en condicións máis favorables, e consolidala, a través dos traballos de incubación que se realizan no centro.
Para máis información, prema aquí.