Outros trámites coa Seguridade Social

Portal do Traballo Autónomo

Portal do Traballo Autónomo

 

Alta, baixa e outros

Outros trámites coa Seguridade Social

Desde aquí poderás consultar e acceder aos trámites máis habituais do traballo autónomo unha vez dado de alta na Seguridade Social.

play_arrow
Modificación de datos

Se precisas modificar algún dos datos que comunicaches na alta, dende este trámite poderás actualizar:

  • Actividade de autónomo.
  • Condición de autónomo.
  • Bases de cotización e/ou rendementos.
  • Entidade aseguradora e cobertura.
  • Enderezo de actividade
  • Domiciliación bancaria
play_arrow
Consulta de recibos

A través deste servizo poderás consultar a cota mensual da Seguridade Social correspondente ao mes en curso, consulta o detalle do cálculo da cota, así como os datos bancarios.

Así mesmo, poderás consultar os recibos correspondentes a períodos anteriores.

play_arrow
Informe de datos de cotización

Se queres consultar os teus datos de cotización, mes a mes, dos últimos 12 meses desde este servizo pódelo facer. Este informe mostra os teus datos de cotización tales como a base de cotización, bonificacións, cota... do mes seleccionado.

Ademais, poderás descargar o informe nun PDF certificado.

play_arrow
Solicitude de Identificación Online

Para realizar os trámites da Seguridade Social é necesaria unha identificación en liña como o Certificado electrónico/DNIe ou Cl@ve. Se aínda non o tes, accede aquí para saber como obtelo.