Registro de marca y nombre comercial

Portal do Traballo Autónomo

Portal do Traballo Autónomo

 

Rexistro de marca e nome comercial

Rexistro de marca e nome comercial

A marca é un signo distintivo que serve para distinguir produtos ou servizos no mercado e o nome comercial serve para identificar as actividades que realiza unha empresa no tráfico mercantil e diferenciala doutras empresas do mesmo ou diferente sector. É dicir, o nome comercial identifica unha empresa e a marca identifica o produto ou servizo.

A marca pódese rexistrar a nivel nacional, comunitario (Unión Europea) e internacional. Pola contra, o nome comercial só pode protexerse país por país e de acordo coas normas nacionais de cada Estado.

Antes de escoller o nome do teu negocio, recomendámosche que comprobes se ese nome está dispoñible. Unha vez que comprobes que está dispoñible, accede ás diferentes webs para ver o proceso de solicitude, con todos os pasos que se deban seguir.