Contratación de personal

Portal do Traballo Autónomo

Portal do Traballo Autónomo

 

Contratación de persoal

Se es autónomo ou autónoma e queres contratar persoal, os pasos que debes seguir cambian en función do tipo de persoa que pretenderes contratar:

play_arrow
Contratar persoas por conta allea

Tes que seguir os seguintes pasos:

Se é o seu primeiro traballo, tes que solicitar á Seguridade Social que lle asignen un número de afiliación

Se xa traballou antes, tes que dalo de novo de alta na Seguridade Social

  • E, finalmente, tes que comunicar a contratación ao Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE) nun prazo máximo de 10 días, presentando copia do contrato de traballo a través de Contrat@. Entra aquí se queres ver os modelos de contratos.
play_arrow
Familiar autónomo colaborador ou autónoma colaboradora

Deben acollerse a esta modalidade o teu cónxuxe e familiares ata o segundo grao inclusive por consanguinidade, afinidade e adopción (no caso do Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios, ata o terceiro grao), que colaboren habitualmente contigo e que non teñan a condición de persoas traballadoras por conta allea.

Para iso, o teu familiar deberá darse de alta no Réxime Especial de Autónomos da Seguridade Social.

play_arrow
Contratar un familiar por conta allea

Podes contratar un familiar como asalariado sempre que non exista convivencia, salvo algunhas excepcións, e ademais, podes beneficiarte de bonificacións en determinados casos, que podes consultar na páx. do SEPE.