Eixe 3
Promover a dixitalización e modernización do traballo autónomo.
A "Estratexia Nacional de Impulso do Traballo autónomo 2022-2027" aspira a promover a modernización e dixitalización da actividade que desenvolve o traballo autónomo, como mecanismos de mellora da súa produtividade, competitividade e, en definitiva, a sostibilidade como actividade económica. Aínda que a consecución deste obxectivo require actuacións en ámbitos moi diversos, e a coordinación cos diferentes ministerios implicados e os plans de actuación que se están levando a cabo, algúns dos compromisos prioritarios consisten en: a dixitalización do tecido empresarial do traballo autónomo; a potenciación dunha maior internacionalización da actividade, cunha maior diversificación dos mercados de destino, ou o apoio á creación e crecemento de empresas, en xeral, e das empresas innovadoras de base tecnolóxica, en particular.
Así mesmo, no ámbito da prevención e loita contra a fraude fiscal, a dixitalización dos e das traballadores autónomos deberá implicar a utilización de sistemas que garantan a integridade, conservación, accesibilidade, lexibilidade, rastrexabilidade e inalterabilidade dos rexistros, sen interpolacións, omisións ou alteracións das que non quede a correspondente anotación nos propios sistemas, nos termos establecidos pola lei.