Eixe 4
Por un traballo autónomo sostible
A "Estratexia Nacional de Impulso do Traballo autónomo 2022-2027" quere contribuír á denominada transición ecolóxica do noso tecido produtivo, promovendo a economía circular e a xestión máis eficiente dos recursos, o uso de fontes de enerxía renovables e menos dependentes dos combustibles fósiles, a través da modernización das instalacións e infraestruturas do tecido produtivo, etc. Tamén aquí poden xogar un papel moi destacado o traballo autónomo e o emprendemento.