Eixe 5
Promover a formación especializada para o traballo autónomo.
A modernización do tecido produtivo do traballo autónomo (dixitalización, transición ecolóxica, emprendemento en sectores innovadores e de base tecnolóxica, etc.), require tamén da modernización dos saberes, competencias e habilidades que posúen as traballadoras e traballadores autónomos. A "Estratexia Nacional de Impulso do Traballo autónomo 2022-2027" inclúe, pois, como outro dos seus eixes prioritarios, a posta en marcha dun plan de formación ao longo da vida deseñado especificamente para o traballo autónomo que permita aos seus protagonistas afrontaren os desafíos previstos.
Así mesmo, este plan de formación pode ser unha ferramenta moi útil para o fomento dun traballo autónomo máis igualitario, inclusivo, sen fenda de xénero e que favoreza unha maior cohesión social.