Se estás pensando en iniciar unha actividade pola túa conta, é importante que saibas que é obrigatorio tributar polos ingresos en Facenda e cotizar á Seguridade Social. É posible que, ademais destes dous trámites, teñas que realizar algún outro trámite administrativo. Explicámosche paso a paso como facelo e dámosche información útil para iso.
O primeiro paso é presentar o Modelo 036 (modelo completo) ou o Modelo 037 (modelo simplificado) de forma telemática ou presencial solicitando cita previa na páxina web da Axencia Tributaria.
Este trámite é obrigatorio realizalo de forma telemática. Podes facelo no Portal de Importass se tes certificado electrónico, Cl@ve permanente, Cl@ve pin ou vía SMS. Se non tes ningún método de identificación en liña, solicítao aquí. Durante o trámite é obrigatorio escoller unha mutua para cubrir as continxencias profesionais, a incapacidade temporal ou o cesamento da actividade.
Os pasos A e B son os trámites que debe realizar toda persoas que queira darse de alta.
Se queres, por exemplo, contratar empregados, aquí tes máis información.