O Ministerio de Traballo e Economía Social, no emprego dos fondos europeos destinados ó PERTE ESyEC, levou a cabo a elaboración dunhas metodoloxías para a creación de empresas de inserción e sociedades cooperativas. O obxectivo é clarificar os procesos de creación destas fórmulas de economía social con especial consideración ás mulleres, á mocidade e ás zonas rurais ou despoboadas.
As cooperativas constitúen unha alternativa para o emprendemento da mocidade e das mulleres, por constituírse como unha forma empresarial máis resiliente, con maior capacidade de adaptación ó cambio e de fortaleza para afrontar os desafíos do noso tempo, como o cambio climático, o despoboamento e a desigualdade. Ademais, achegan solucións innovadoras, e fan crecer as oportunidades de negocio e emprego en sectores ou zonas territoriais que, pola velocidade dos cambios sufridos nos últimos anos, quedaran atrás.
Por todo isto, desde o Comisionado Especial para a Economía Social, subscribiuse un contrato para o desenvolvemento dunha guía metodolóxica para a creación de cooperativas, con especial incidencia no emprendemento xuvenil e feminino en zonas rurais ou despoboadas. Consecuentemente, esta guía abordou e desenvolveu as seguintes cuestións:
Esta guía, por tanto, persegue fomentar a creación e o mantemento das cooperativas, entendidas como un nova pero consolidada fórmula de afrontar os desafíos actuais e mellorar as oportunidades de traballo e negocio, especialmente para a mocidade, as mulleres e as zonas rurais ou despoboadas.
As empresas de inserción constitúen un medio fundamental para a mellora da calidade de vida de mozas, mulleres e persoas en situación ou risco de exclusión social que teñen maiores dificultades para atopar un emprego e desenvolver a súa vida laboral. Ademais, supoñen un medio útil para mellorar o crecemento demográfico das zonas despoboadas, achegando valor e oportunidades de emprego en zonas rurais.
Por iso, desde o Comisionado Especial para a Economía Social desenvolveuse esta metodoloxía co obxectivo de facilitar a creación deste tipo de empresas de economía social, porfiando naquelas zonas máis despoboadas. Consecuentemente, esta guía abordou e desenvolveu as seguintes cuestións:
Esta guía persegue ofrecer un medio útil para contribuír, desde a administración pública, á erradicación da pobreza e a exclusión. Desta forma, achégase visibilidade ás empresas de inserción e facilítase o acceso ó coñecemento necesario para a creación destas.