É ECONOMÍA SOCIAL

A aprobación, no Consello de Ministros, do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica da Economía Social e dos Coidados (PERTE ESyEC), cristaliza o compromiso de impulsar e desenvolver o sector da Economía Social e dos Coidados, co fin último de poñer ás persoas e os seus coidados no centro da recuperación, ó apostar firmemente por un modelo produtivo de eficacia económica e impacto social demostrado.

Informe necesidades de la economía social

A elaboración deste informe fundaméntase, na necesidade de dispoñer de asistencia técnica de medios alleos, para a elaboración dun documento que sistematice e estruture de modo coherente as peticións, suxestións e necesidades do sector da Economía Social, nos diferentes territorios do noso país.

En concreto, este informe permite contar con unha ferramenta que sinale as liñas de actuación de sucesivos instrumentos xurídicos que se formalicen no marco do mencionado PERTE ESyEC, dentro do Investimento 6 do Compoñente 23 «Plan Integral de Impulso á Economía Social para a Xeración dun Tecido Económico, Inclusivo e Sostible», contribuíndo ó obxectivo número 349 do Anexo da Proposta de Decisión de Execución do Consello (COM (2021) 322 final).

Así, este informe céntrase nos seguintes aspectos:

  • A posta en contacto cos axentes representativos e relevantes do ámbito da economía social, co obxecto de identificar as peticións, suxestións e necesidades detectadas no ámbito da economía social ó longo de todo o territorio nacional.
  • Sistematiza e clasifica a información relevante a partir dos datos e información xerada na actuación anterior.
  • Conclúe coas principais achegas que abarcan desde a comunicación e o contacto coas partes do sector até a formulación dunha proposta das liñas de actuación que, tras o oportuno traballo de campo, consideran que serven de apoio para o deseño de sucesivos instrumentos xurídicos que dean cumprimento ó Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Estas actuacións lévanse a cabo a través de dous tipos de fontes: persoais e documentais.

  1. As fontes documentais, constan entre outras, do Plan de Acción Europeo da Economía Social, a Axenda 2030 de Nacións Unidas, e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
  2. As entidades consultadas foron tanto socias do CEPES (AEDIS, CAE, CEM etc.) como entidades externas (Comunidade de Madrid; Dirección Xeral de Autónomos, Economía Social e RSE do Ministerio de Traballo e Economía Social; PP; PSOE; Unidas Podemos; Social Economy Europe etc.)

Así, tendo en consideración todo o anteriormente exposto, realízase a través deste informe unha detección das necesidades do sector da economía social e as súas propostas nos seguintes ámbitos:

  • Participación institucional.
  • Propostas de carácter normativo e de incidencia nas políticas públicas.
  • Fontes estatísticas.
  • Plano internacional da Unión Europea.
  • Sectores económicos emerxentes e de base tecnolóxica.
  • Fondos NextGeneration EU – PERTE da Economía Social.
  • Visibilidade da Economía Social.
  • Potenciar o achegamento da mocidade á Economía Social.
  • Fortalecer á economía social nos territorios.