Tanto a banca cooperativa como a banca ética representan modelos financeiros alternativos que poñen o foco na sostibilidade, a equidade e o desenvolvemento local, diferenciándose da banca tradicional, que ten como obxectivo a rendibilidade dos seus accionistas. Estes modelos xogan un papel clave na inclusión financeira e a estabilidade económica, fortalecendo a economía social e promovendo un sistema financeiro máis responsable e orientado ó ben común.
COOPERATIVAS DE CRÉDITO
Unha cooperativa de crédito é unha sociedade cooperativa que ten como obxectivo social servir ás necesidades financeiras dos seus socios e terceiros mediante o exercicio de actividades propias das entidades de crédito, cun número de socios ilimitado e coa responsabilidade polas débedas sociais acada o valor das súas achegas.
Á súa vez, subdivídense en caixas rurais, caixas profesionais e caixas laborais, segundo a súa orixe e o propósito da súa constitución, co obxectivo de atender as necesidades específicas dos distintos colectivos
A súa regulación está establecida na Lei 13/1989, de 26 de maio, de Cooperativas de Crédito.
FINANZAS ÉTICAS
Hai dous tipos de entidades financeiras éticas:
A banca cooperativa e a banca ética diferéncianse da banca tradicional no seu enfoque, propiedade e obxectivos. Mentres que a banca convencional prioriza a rendibilidade e os intereses dos accionistas, os modelos cooperativos e éticos céntranse na comunidade e o benestar social.
Estrutura e toma de decisións:
Enfoque e obxectivos:
Relación cos clientes e inclusión financeira:
Xestión do risco e estabilidade:
Relación entre as finanzas cooperativas e as finanzas éticas:
As finanzas cooperativas e éticas comparten a vocación de servizo á comunidade e a economía social, malia que os seus enfoques poden diferir no seu alcance. Mentres que as entidades de finanzas éticas priorizan investimentos aliñados coa súa misión fundacional e os seus principios de sostibilidade, as cooperativas de crédito ofrecen unha carteira de financiamento máis ampla, destinada a atender a toda a comunidade e os seus diferentes sectores produtivos.
A Rede de Finanzas Alternativas e Solidarias (REFAS) é unha organización que agrupa a diversas entidades comprometidas coas finanzas éticas e solidarias en España. Actualmente, está integrada por 17 entidades dedicadas a promover a inclusión financeira e o desenvolvemento dunha economía máis xusta e sostible.
Fundada en 2015, o seu principal obxectivo é coordinar o circuíto de finanzas locais alternativas e solidarias, explorando tanto as posibilidades como os límites da actividade parabancaria dentro do marco das finanzas éticas, e fomentando a súa vinculación e sinerxía con outras iniciativas afíns.
REFAS reúne entidades non bancarias que operan na intermediación financeira a pequena escala. Todas comparten plenamente os principios das finanzas éticas e adoptan a forma xurídica de fundación ou asociación.
A Unión Nacional de Cooperativas de Crédito (UNACC) é a principal asociación do sector de cooperativas de crédito en España. Fundada en 1970, actualmente agrupa a 42 cooperativas de crédito.
A súa misión é defender, promover e fortalecer o modelo cooperativo de crédito, así como os valores que rexen a súa actividade no sector financeiro.
A súa visión é xerar valor a partir da esencia e as particularidades do cooperativismo de crédito, fomentando o seu desenvolvemento e sustentabilidade.
A Federación Europea de Bancos Éticos e Alternativos (FEBEA), fundada en 2001 en Bruxelas e con presenza en 17 países europeos, é unha organización internacional sen ánimo de lucro que reúne a institucións financeiras comprometidas co desenvolvemento das finanzas éticas e alternativas en Europa.
FEBEA ten como propósito impulsar e consolidar modelos financeiros baseados en principios de transparencia, equidade e responsabilidade social, asegurando que a economía estea ó servizo da cidadanía. O seu labor céntrase en promover as finanzas éticas e solidarias, fortalecendo iniciativas que prioricen o impacto social e ambiental positivo.
Así mesmo, fomenta o apoio a proxectos sostibles, canalizando financiamento cara a iniciativas que contribúan ó desenvolvemento económico inclusivo, a cohesión social e a innovación en ámbitos sociais e ambientais, garantindo un crecemento equitativo e sostible.
No ámbito da difusión e promoción das finanzas éticas, destaca o papel do Financiamento Ético e Solidario (FETS). Esta asociación, fundada en 1999, ten como obxectivo impulsar o desenvolvemento das finanzas éticas e solidarias, agrupando entidades da economía social e solidaria, así como do ámbito financeiro cooperativo, a acción social, a educación e a solidariedade internacional.
Ademais, conta cun Observatorio, un espazo de encontro promovido e coordinado por FETS, onde participan diversas entidades vinculadas ás finanzas éticas e a economía social. Neste espazo analízase a situación do sistema financeiro ético e o seu impacto na realidade socioeconómica actual.