A Asociación Empresarial para a Discapacidade (AEDIS) é unha organización empresarial promovida por Plena Inclusión para a representación e defensa dos dereitos das entidades que se dedican á prestación de servizos de atención, asistencia, educación, formación e integración laboral das persoas con discapacidade.
AEDIS agrupa a 219 entidades de diferente natureza en toda España, e representan a 417 asociacións e empresas que prestan servizos a persoas con discapacidade, en residencias, centros de día, centros ocupacionais, centros especiais de emprego etc. nos que traballan máis de 36 950 persoas. Destas, 12 810 son traballadores con discapacidade en centros especiais de emprego.
AEDIS aposta por promover o cambio e desenvolvemento organizacional mediante a asistencia xurídica e técnica ós seus asociados, favorecendo actividades e plans de formación que fomenten a aprendizaxe organizacional. Ademais, reivindica o emprego das persoas con discapacidade promocionando o emprego de calidade, e apoiando proxectos de creación, mantemento e mellora do emprego ó mesmo tempo que impulsa procesos de innovación e desenvolvemento empresarial que favorezan sinerxías, eficiencia, excelencia e sustentabilidade. E entre os seus obxectivos tamén se atopa representar ós seus asociados, defendendo e promocionando os seus intereses laborais, económicos e sociais; así como negociar e acordar co resto dos interlocutores sociais, marcos xerais de referencia de relacións laborais e convenios colectivos
C/ Orense, 26
1ª Plta., oficina 7
28020, Madrid
A Asociación Española de Recuperadores de Economía Social e Solidaria (AERESS) é a plataforma estatal de representación de entidades da economía social e solidaria dedicadas á reutilización, reparación e reciclaxe. Actúa para lograr un maior recoñecemento público do sector da inclusión social e a recuperación de residuos ó mesmo tempo que traballa para mellorar o fortalecemento das entidades sociais e da propia plataforma.
AERESS ten como misión representar e promover as entidades que fomentan a inclusión social das persoas que se atopan en situación ou risco de exclusión social, así como os labores de xestión ambiental e de recuperación de residuos. Tamén traballa para difundir opinión acerca da prevención, reutilización e reciclaxe de residuos. Todo iso entronca cos principios da economía social, nos que se basea AERESS para a consecución dos seus obxectivos. Por iso os seus valores son:
A Confederación Española de Mutualidades (CEM) é o máximo órgano de representación do Mutualismo de Prevención Social en España Está integrada por máis de 223 entidades, representando a máis de dous millóns de mutualistas e xestionando un patrimonio de 46 714 millóns de euros. Ten por obxecto a representación, defensa e fomento dos intereses do Mutualismo de Previsión Social. Promove o desenvolvemento da Previsión Social, así como o Mutualismo como sistema de previsión complementario.
Ten por obxecto a representación, defensa e fomento dos intereses do Mutualismo de Previsión Social. Promove o desenvolvemento da Previsión Social, así como o Mutualismo como sistema de previsión complementario.
C/ Santa Engracia, 6, 2º izqda.
28010, Madrid
A Confederación Empresarial Española de Economía Social (CEPES) foi constituída en 1992, é e unha organización empresarial de ámbito estatal representativa e referente da economía social en España. É unha entidade interlocutora na construción de políticas públicas e sociais, que ten entre os seus obxectivos facilitar a modernización das empresas de Economía social e a súa resposta ante os desafíos que deben encarar, así como contribuír ó desenvolvemento económico do país como medio para lograr a estabilidade e o pluralismo nos mercados económicos.
Na actualidade, CEPES integra a 32 organizacións. Todas elas son confederacións estatais ou autonómicas e grupos empresariais específicos, que representan os intereses de Cooperativas, Sociedades Laborais, Mutualidades, Empresas de Inserción, Centros Especiais de Emprego, Confrarías de Pescadores e Asociacións do Sector da Discapacidade, con máis de 200 estruturas de apoio a nivel autonómico.
C/ Virgen de los Peligros, 3, 4ª planta
28013, Madrid
O Centro Internacional de Investigación e Información sobre a Economía Pública, Social e Cooperativa (CIRIEC) é unha organización científica internacional non gobernamental, que entre os seus obxectivos está promover a busca de información, a investigación científica e a difusión de traballos sobre as empresas públicas e as entidades de economía social como as cooperativas, sociedades laborais, mutualidades, centros especiais de emprego e outras empresas sociais, fundacións e asociacións. CIRIEC-Internacional foi creado en 1947, mentres que CIRIEC-España constituíuse como asociación no ano 1986, e é membro de pleno dereito de CIRIEC-Internacional.
Un dos proxectos máis destacables de CIRIEC- España é a creación do Observatorio Español da Economía Social no ano 2005. Este Observatorio permitiu realizar novas investigacións e a súa difusión, así como o envío semanal e mensual de boletíns electrónicos e novidades xurídicas.
Universitat de València
Facultat d'Economia
Despacho 2P21
Avda. dels Tarongers s/n
46022, Valencia
A Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado (COCETA) ten como obxectivo dar visibilidade e mellorar o Cooperativismo de Traballo. En activo desde hai 36 anos, na actualidade son 15 as organizacións que forman esta Confederación, representando a 17 792 Cooperativas de Traballo, con máis de 315 748 empregos fixos e de calidade. Estas empresas están presentes en tódolos sectores produtivos e contan cun 51 % de representación feminina nos seus cadros de persoal, desempeñando cargos de alto liderado, flexibilidade e conciliación.
C/ Virgen de los Peligros, 3, 4ª planta
28013, Madrid
A Confederación de Cooperativas de Vivendas e Rehabilitación de España (CONCOVI) é a única organización estatal do Cooperativismo de Vivendas en España desde a súa constitución en 1988.
O seu obxectivo principal é representar ás entidades cooperativas afiliadas a nivel nacional (e internacional), defendendo os intereses xerais das mesmas perante os Organismos e Institucións da Administración Xeral do Estado e colaborando para iso cos axentes sociais.
C/ Alberto Aguilera, 38 1ª Planta
28015, Madrid
Cooperativas Agroalimentarias de España é a organización representativa do cooperativismo agroalimentario español ante os organismos, institucións e asociacións, nacionais e europeas, relacionadas co sector alimentario e a economía social.
Esta Organización pon no foco ás persoas, contando cunha forma organizacional piramidal, cuxa base queda composta polos socios e socias das cooperativas, agricultores e gandeiros; no segundo estrato están as empresas cooperativas; o terceiro representa ás federacións e unións territoriais ás que se asocian as cooperativas e; a cúspide simbolizaría á organización estatal. Desta forma, aténdense as necesidades de todo o colectivo cooperativo, desde a base e a razón de ser da propia organización, ata a cúpula.
A súa misión é, en termos da propia Organización, «Promocionar, representar e vertebrar o cooperativismo agroalimentario español, impulsando un modelo cooperativo empresarial, profesionalizado, con dimensión relevante, xerador de valor e competitivo, que contribúa a mellorar a rendibilidade de agricultores e gandeiros socios e ó desenvolvemento sostible do sector agroalimentario e do medio rural». En conclusión, o fin que persegue a organización é mellorar as condicións para o desenvolvemento da actividade empresarial das cooperativas.
C/ Agustín de Bethencourt, 17
28003, Madrid
A Coordinadora Estatal de Comercio Xusto (CECX) es la plataforma española que agrupa a organizacións vinculadas ó Comercio Xusto, actualmente 31 (25 organizacións membro e 6 entidades colaboradoras). O seu traballo céntrase en potenciar este sistema comercial alternativo e solidario, dando servizo ás entidades membro. Forma parte da Organización Mundial do Comercio Xusto (WFTO). A súa finalidade é a transformación da realidade social e as regras do comercio internacional a través da incidencia nas políticas públicas, a sensibilización e mobilización da sociedade e o fortalecemento do sector de Comercio Xusto.
Toda a actividade da CECX enmárcase na Estratexia de Educación para o Desenvolvemento na que as diferentes liñas de acción van encamiñadas cara á xeración dunha visión de cidadanía global a través do coñecemento, a concienciación e o compromiso cidadán mediante a difusión dos principios e valores do Comercio Xusto e a súa achega específica ó cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. A Estratexia de actuación da CECX concrétase no plan de traballo anual que é elaborado de maneira consensuada entre as organizacións membro e aprobado de maneira democrática na Asemblea.
C/ Gaztambide, 50, bajo
28015, Madrid
A Federación de Asociacións Empresariais de Empresas de Inserción (FAEDEI) é unha agrupación de asociacións territoriais de empresas de inserción que ten como fin impulsar, fortalecer e visibilizar o modelo de Empresa de Inserción como mellor ferramenta de inclusión sociolaboral para persoas que se atopen en situación ou risco de exclusión social.
FAEDEI promove a creación e mantemento das empresas de inserción, considerando que, a través dos seus itinerarios formativos e de inserción, as empresas de inserción constitúense como un medio para a implementación de políticas activas de emprego. FAEDEI ten o obxectivo de promover a economía social a través das empresas de inserción, mellorando a economía social, colaborativa e verde.
C/ Bustos, 2
Puente de Vallecas
28038, Madrid
A Federación Empresarial Española de Asociacións de Centros Especiais de Emprego (FEACEM) é unha federación sen ánimo de lucro, con ámbito estatal e de carácter intersectorial. Representa e defende os intereses das asociacións empresariais que a integran para mellorar o sector dos Centros Especiais de Emprego.
Agrupa a 16 asociacións empresariais a través das cales integra e representa a máis de 650 centros especiais de emprego de economía social, dos que asume a interlocución perante as administracións públicas, axentes sociais e a sociedade en xeral.
C/ General Díaz Porlier, 39
28001, Madrid
É unha organización sen ánimo de lucro que representa ás confrarías de pescadores de todo o país. Fundouse co obxectivo de protexer e preservar os dereitos e intereses dos pescadores, así como mellorar as súas condicións de traballo. Colabora con gobernos tanto locais como nacionais, así como con organizacións relacionadas coa pesca e o medio ambiente.
Agrupa no seu seo a 198 confrarías de pescadores distribuídas entre as seguintes Comunidades Autónoma: Cataluña 20 Confrarías, Baleares 16, Valenciana 19, Murcia 4, Andalucía 12, Galicia 49, Asturias 15, Cantabria 1, Canarias 3 e 20 Federacións Provinciais de Confrarías, que representan a un número superior a 10 000 embarcacións, principalmente dedicadas á pesca de baixura. Os afiliados das confrarías son pequenos armadores e pescadores que cotizan no réxime especial do mar, que no seu conxunto ascenden a máis de 30 000 afiliados, 8 000 deles propietarios de embarcacións.
Plaza Puerta del Sol, 6 - 4º Izda.
28013, Madrid
A Confederación Española de Cooperativas de Consumidores e Usuarios (HISPACOOP) agrupa e coordina ás cooperativas de consumidores de España e tamén as representa perante as distintas institucións nacionais e internacionais. Desempeña a súa actividade nunha dobre vertente: exercendo unha actividade cooperativo-empresarial, representando os intereses das cooperativas de consumo; e desenvolvendo unha actividade consumerista, actuando como asociación de consumidores e usuarios.
Asocia 196 cooperativas de diversos ámbitos sectoriais, desde a distribución alimentaria e distribución de electricidade, até sanidade, cultura e lecer, entre outros.
C/ Quintana, 1, 2ºB
28008, Madrid
A Federación Empresarial de Sociedades Laborais e Empresas Participadas de España (LABORPAR) é unha organización empresarial cuxo propósito é a representación e defensa dos intereses das empresas constituídas como sociedades laborais en España. É unha entidade que ten entre os seus obxectivos apoiar ós traballadores para crear e xestionar as súas propias empresas a través das formas xurídicas da sociedade anónima laboral, a sociedade limitada laboral e outras formas de participación dos traballadores na empresa.
C/ Sebastián Herrera 12-14
28012, Madrid
A Rede de Redes de Economía Alternativa e Solidaria (REAS) nace en 1995 para impulsar e desenvolver a economía solidaria en España. REAS Rede de Redes é unha rede confederal composta por 15 redes territoriais e 4 sectoriais, que recollen a máis de 50 000 persoas en 944 entidades e empresas.
A principal misión de REAS é desenvolver a economía solidaria no marco dunha Carta de Principios acordada por tódalas entidades que a compoñen que reivindica o desenvolvemento dunha economía que poña no centro ás persoas, entendéndoa como un medio e non como un fin. Unha economía que estea ó servizo das persoas e as comunidades. Por iso, REAS fomenta a creación de alternativas ó modelo económico actual e promove o desenvolvemento sostible, xusto e participativo.
Avenida de Gipuzkoa, 11, (Nave Emaús)
31013, Navarra
A Unión Española de Cooperativas de Ensinanzas (UECOE) constituída legalmente en 1989, constitúese como único ente representativo a nivel estatal dos centros de ensino cuxa fórmula xurídica é a Sociedade Cooperativa de Ensino.
UECOE ten como misión representar perante todos os foros posibles ó cooperativismo de ensino, manter boas relacións coas organizacións empresariais e sindicais do sector, e promover o movemento cooperativo educativo. Un dos seus principais propósitos é desenvolver unha renovación pedagóxica consonte cos principios sociais e económicos do mundo cooperativo. Por iso, entre os seus obxectivos están:
Na actualidade, UECOE agrupa de forma aproximada a 600 Cooperativas de Ensinanza e Centros Educativos de Economía Social, pertencendo a estas uns 13 495 socios traballadores cooperativistas e uns 13 200 traballadores contratados nas cooperativas e nos centros educativos de economía social.
A Unión Nacional de Cooperativas do Mar (UNACOMAR) de España ademais de representar a tódalas Cooperativas do Mar de España perante a Administración e a defensa dos seus intereses comúns, está integrada noutras organizacións de ámbito superior como CEPES, COPA-COGECA e MEDISAMAK, formando parte das súas Xuntas Directivas. Teñen como obxectivo a axuda ós axentes do sector pesqueiro, asesorando e traballando como interlocutores para que o noso sector teña un futuro mellor e máis sostible.
Na actualidade UNACOMAR conta cun total de 36 membros asociados, máis de 200 proxectos impulsados nos seus 82 anos de experiencia, e un total de 3 680 clientes axudados.
Apdo. de correos 43
Edificio de Cooperativas del Mar. Puerto Pesquero.
08350, Arenys de Mar, Barcelona