É ECONOMÍA SOCIAL

Dentro das actuacións en materia de economía social que se levan a cabo desde o Ministerio de Traballo e Economía Social, podemos diferenciar:

  • Dunha banda as vinculadas ó Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, de aquí en adiante PRTR, que se engloban dentro do Compoñente número 23 do PRTR «Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo», Investimento 6 «Plan integral de impulso á Economía Social para a xeración dun tecido económico inclusivo e sostible».
  • Doutra banda, a convocatoria anual que leva a cabo a Dirección Xeral de Traballo Autónomo (as cales non quedan vinculadas ó PRTR e se engloban dentro do marco xeral de actuación do ministerio).

En primeiro lugar, o desenvolvemento deste Plan Integral de impulso á Economía Social lévase a cabo fundamentalmente mediante a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a entidades da economía social consonte o artigo 5 da Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social a través de:

Convocatoria 2022-2023

Orde TES/1233/2022, de 5 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o Plan Integral de Impulso á Economía Social para a xeración dun tecido económico, inclusivo e sostible e pola que se aproba a convocatoria de axudas para proxectos innovadores para os anos 2022 e 2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Esta orde queda recollida no Plan Estratéxico de Subvencións (PES) 2020-2022, aprobado por Orde da Ministra de Traballo e Economía Social de 30 de xuño de 2020, e ó mesmo tempo, intégrase dentro do marco do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (en adiante, PERTE) Economía Social e dos Coidados.

Nela recóllense as bases reguladoras e a convocatoria das axudas en réxime de concorrencia competitiva para o impulso á economía social desde un enfoque innovador, apostando pola capacidade de adaptación e resiliencia das empresas da economía social.

Con motivo de ampliar os prazos para a realización de proxectos e actuacións subvencionables, publícase a Orde TES/1163/2023, de 24 de outubro, pola que se amplían os prazos de realización dos proxectos e actuacións subvencionables, e de xustificación das axudas, previstos na Orde TES/1233/2022, do 5 de decembro, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o Plan Integral de Impulso á Economía Social para a xeración dun tecido económico, inclusivo e sostible e pola que se aproba a convocatoria de axudas para proxectos innovadores para os anos 2022 e 2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Finalmente, o 27 de setembro de 2023 publicouse no Boletín Oficial da Orde TES/1069/2023, de 22 de setembro, pola que se conceden as axudas do Plan Integral de Impulso á Economía Social para a Xeración dun Tecido Económico, Inclusivo e Sostible para os anos 2022 e 2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Convocatoria 2024-2025

Orde TES/869/2023, de 22 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o Plan Integral de Impulso á Economía Social para a Xeración dun Tecido Económico, Inclusivo e Sostible, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Trala primeira convocatoria de subvencións, o Consello de Ministros aprobou o Acordo polo que se aproba a Addenda ó Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, o 7 de xuño de 2023, a través de resolución da Subsecretaria de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. Esta Addenda dá continuidade ó proceso de recuperación e modernización da economía española, coa idea de reforzar a cohesión e a resiliencia institucional, económica e social. Con base nesta Addenda, publícase esta orde de bases TES 869/2023, do 22 de xullo. A orde ten por obxectivo concretar o réxime xurídico que será de aplicación para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, segundo o artigo 17 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, en proxectos de materia de economía social.

Como consecuencia desta Orde TES 869/2023, de 22 de xullo, publicouse, no Boletín Oficial do Estado de 11 de xaneiro de 2024, a Orde de 5 de decembro de 2023 pola que se convocan as axudas do Plan Integral de Impulso á Economía Social para a xeración dun tecido económico, inclusivo e sostible, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, para os anos 2024 e 2025. O obxectivo destas axudas é a realización de proxectos en materia de economía social.

Orde de 5 de decembro de 2023, do Ministerio de Traballo e Economía Social pola que se convocan as axudas para o Plan Integral de Impulso á Economía Social para a xeración dun tecido económico, inclusivo e sostible, no marco do PRTR.  | Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Goberno de España.

A Dirección Xeral de Traballo Autónomo, Economía Social e Responsabilidade Social das Empresas, levou a cabo unha concesión de subvencións anual para a promoción da economía social, e o sufraxio dos gastos de mantemento das entidades da economía social a que se refire o artigo 5 da Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social a través de:

Orde TES/739/2017, de 226 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións ás actividades de promoción do traballo autónomo, da economía social e da responsabilidade social das empresas e para sufragar os gastos de funcionamento das asociacións de traballadores autónomos, de cooperativas, de sociedades laborais, de empresas de inserción e outros entes representativos da economía social de ámbito estatal.

En consecuencia, publicouse o Extracto da Resolución de 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral do Traballo Autónomo, da Economía Social e da Responsabilidade Social das Empresas, pola que se aproba a convocatoria para a concesión de subvencións ás actividades de promoción do traballo autónomo, da economía social e da responsabilidade social das empresas e para sufragar os gastos de funcionamento, para o ano 2023.