É ECONOMÍA SOCIAL

HUB de Vangarda  preséntase como obxectivo Estratéxico de carácter transversal no PERTE da Economía Social e dos Coidados, e a través del búscase impulsar un ecosistema alternativo e especializado en construír unha nova economía xusta, sostible e equitativa, baseada na “democracia económica e apoiada na transformación dixital e ambiental.

Os obxectivos que persegue o HUB de Vangarda da Economía Social son os seguintes:

  1. Agrupar o coñecemento da economía social, obxecto de estudo e análise dunha nutrida rede de universidades, organizacións representativas do sector, as súas entidades, as administracións públicas, así como organismos nacionais e internacionais, actualmente disperso en múltiples publicacións, que presentan á economía social como un modelo que dá unha resposta á desigualdade e ó cambio climático.
  2. Converterse nun centro de referencia e coñecemento internacionaló servizo do desenvolvemento sostible das empresas e entidades da economía social.
  3. Converterse nun referente de socialización para as novas xeracións, e que estes poidan visibilizar e coñecer unha fórmula distinta, máis xusta, igualitaria e participativa de facer economía, co fin de atraer talento á economía social.

A creación do HUB Vangarda foi impulsado polo Ministerio de Traballo e Economía Social, como Ministerio competente na materia e promotor da iniciativa a través do Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) da Economía Social e dos Coidados, a través da Secretaría de Estado de Economía Social.

A primeira das actuacións levadas a cabo é a sinatura dun Convenio, aprobado por Resolución de 24 de xullo de 2023, da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Traballo e Economía Social, pola que se publica o Convenio marco coa Confederación Empresarial Española da Economía Social, para a definición do réxime xurídico da colaboración na creación do HUB de Vangarda referente en Economía Social.

Este Convenio marco asinado ten por obxecto a creación do HUB de Vangarda como sistema que xunte toda a información sobre economía social, a través da transferencia e intercambio de coñecemento referente para a Economía Social no territorio español, aínda que, buscando tamén un impacto europeo e internacional.

Enténdese, polo tanto, que o HUB de Vangarda é o epicentro dun sistema de innovación estratéxico, que incorpora unha serie de actuacións encamiñadas a fomentar un maior desenvolvemento e innovación do sector da economía social, a través do intercambio de boas prácticas e a posta en común de propostas de valor.

Por último, acórdase, que o HUB de Vangarda estará dotado de fondos derivados do Investimento 6 do Compoñente 23 «Plan Integral de Impulso á Economía Social para a Xeración dun Tecido Económico, Inclusivo e Sostible», contribuíndo ó obxectivo número 349 do Anexo da Proposta de Decisión de Execución do Consello [COM(2021) 322 final], constituíndo un medio para o seu cumprimento.

O seguinte fito foi a adopción do Real Decreto 959/2024, de 24 de setembro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención á Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES), dentro do Plan Integral de Impulso á Economía Social para a Xeración dun Tecido Económico, Inclusivo e Sostible, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Este real decreto ten como obxecto regular a concesión directa dunha subvención á Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES). Esta subvención está destinada á creación dun Hub de Vangarda que, mediante a transferencia e intercambio de coñecemento, aglutine a investigación, xere sinerxías entre os actores e fomente as redes de actuación en materia de economía social, impactando así non só no ecosistema español senón tamén no europeo e o internacional.