É ECONOMÍA SOCIAL

A capitalidade española da economía social é unha iniciativa impulsada polo Ministerio de Traballo e Economía Social desde 2021, en colaboración coas entidades da economía social e cos distintos territorios do Estado, co obxectivo de recoñecer e dar visibilidade ao papel deste modelo empresarial no desenvolvemento económico e social do noso país.

Xorde emulando o éxito da iniciativa da Capitalidade Europea, celebrada ata 2020 no marco do Comité de Seguimento da Declaración de Luxemburgo, concibida como unha ferramenta para difundir e reforzar a imaxe e a notoriedade da economía social entre a cidadanía.

A Estratexia Española da Economía Social 2023-2027 recolle, de feito, esta iniciativa como unha boa práctica para impulsar o recoñecemento da economía social entre os axentes sociais e a sociedade no seu conxunto.

Cada ano, o Ministerio de Traballo e Economía Social designa unha cidade como capital española da economía social, que se converte no escenario de actividades, eventos, xornadas e encontros destinados a difundir e promover os valores, principios e boas prácticas da economía social, así como a fomentar o emprendemento, a innovación, a inclusión e a sustentabilidade neste ámbito.

Ao longo do primeiro semestre de cada ano, o Ministerio toma coñecemento das posibles candidaturas que os municipios lle fan chegar.

A elección da Capitalidade Española da Economía Social decídea a persoa titular do Ministerio, tras consulta coas entidades representativas e tendo en conta aspectos como o compromiso do municipio coa economía social, a capacidade de innovación ou de financiamento neste modelo, a conectividade e a capacidade hoteleira, así como a capacidade organizativa ou de acollida de eventos.

A decisión faise pública no Consello de Fomento da Economía Social (CFES), órgano colexiado, asesor e consultivo para as actividades relacionadas coa economía social no ámbito da Administración Xeral do Estado.

Así mesmo, para unha mellor planificación estratéxica das candidaturas previstas cada ano, o Ministerio de Traballo e Economía Social, a través da súa persoa titular, procura facer pública a decisión anual a finais do primeiro semestre do ano precedente, facilitando así a organización das actividades coa debida antelación.

A primeira cidade que ostentou este título foi Toledo en 2020 (neste caso, capital europea da economía social), seguida de Teruel en 2021, Santiago de Compostela en 2022, San Sebastián/Donostia en 2023, Valencia en 2024, Murcia en 2025 e Mataró en 2026.

A capitalidade supón unha oportunidade comunicativa única, ao promover actividades de toda índole para amosar a relevancia e o impacto deste ecosistema, poñendo en valor as múltiples e valiosas achegas do tecido empresarial da economía social á construción de sociedades inclusivas, sostibles e resilientes.

O impacto desta iniciativa nos últimos anos foi moi destacado, polo que o Ministerio de Traballo e Economía Social continuará apostando por este recoñecemento institucional, mantendo a avaliación e identificación anual de cidades cun compromiso acreditado coa economía social e co potencial necesario para asumir a capitalidade. 

A designación de Toledo como Capital Europea da Economía Social produciuse dentro da presidencia española da Comisión de Seguimento do Pacto de Luxemburgo.

Durante esta capitalidade, Toledo converteuse no centro dos actos de ámbito local, autonómico, estatal e internacional desenvolvidos para divulgar e potenciar os principios e os valores que «sitúan a Economía Social como unha columna vertebral nun momento decisivo, atravesado trala crise provocada pola pandemia da COVID-19».

Toledo é un lugar histórico de encontro e de diversidade, desde o que relanzar o papel da Economía Social nesta recuperación. Unha converxencia oportuna entra a sociedade civil, as familias da Economía Social e as administracións responsables.

Para obter máis información sobre as actividades no marco da capitalidade consulta a seguinte ligazón

https://www.toledo.es/servicios-municipales/empleo/toledo-capital-europea-de-la-economia-social-2020/

Logo Toledo

Teruel foi designada en marzo de 2021 polo Ministerio de Traballo e Economía Social como Capital Española da Economía Social. O 29 de xuño de 2021 presentouse a axenda de actos como Capital Española da Economía Social nunha xuntanza telemática entre tódolos axentes intervenientes. 

Teruel aposta pola Economía Social como segmento empresarial clave de cara ó futuro da cidade e unha panca para a economía e recuperación social, pola súa capacidade de ofrecer respostas innovadoras e integradoras ós retos que a sociedade e a economía turolense ten que enfrontar nos vindeiros anos.

Para obter máis información sobre as actividades no marco da capitalidade consulta a seguinte ligazón

https://esteruel.info/

Logo Teruel

No mes de febreiro de 2022 a vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, anunciou a capitalidade de Santiago de Compostela da Economía Social 2022 durante o acto de constitución do Consello Estatal para o Fomento da Economía Social.

Isto supón unha enorme oportunidade para visibilizar a Economía Social española e o seu papel activo para achegar solucións innovadoras e sostibles ó reto demográfico.

A capitalidade para Santiago chega tras un 2021 no que se sucederon os recoñecementos á economía social galega. En novembro de 2021 o Consello Económico e Social de Galicia aprobou unha declaración institucional de apoio á economía social galega, e no mes de decembro, o Parlamento de Galicia realizou tamén unha declaración institucional poñendo en valor os seus principios e a súa distribución á cohesión social.

Para obter máis información sobre as actividades no marco da capitalidade consulta a seguinte ligazón

Plus d'informations sur les activités menées dans le cadre du mandat de capitale sur le site web suivant

https://santiagocapitaleconomiasocial.es/

Logo Santiago

En 2023, Donostia foi a encargada de ostentar a Capitalidade e, coincidindo co semestre da Presidencia Española do Consello da Unión Europea, desenvolveuse na cidade unha Conferencia Europea de Alto Nivel co obxectivo de visibilizar a economía social tanto a nivel local, nacional, como internacional.

A designación desta cidade polo CFES tivo como obxectivo poñer en valor o tecido empresarial da economía social do territorio guipuscoano e dar a coñecer as innumerables iniciativas e experiencias que serven de exemplo á hora de potenciar a creación de novas entidades da economía social.

Logotipo Capital Española de Economía Social 2023. Donostia-San Sebastián

O 24 de xaneiro de 2024, a Vicepresidenta segunda e Ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, anunciou a designación de Valencia como Capital Española da Economía Social 2024. O 5 de abril tivo lugar en Valencia o evento oficial de presentación da capitalidade con presenza da Vicepresidenta segunda e Ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, a Alcaldesa de Valencia María José Catalá, o Presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño, e representantes da economía social da Comunidade Valenciana, así como das distintas administracións implicadas e da Universidade de Valencia.

A designación de Valencia como capital española da economía social é unha oportunidade para impulsar na Comunidade Valenciana unha economía máis xusta, igualitaria, participativa e integradora, que poña ás persoas no centro.

Para máis información sobre as actividades no marco da capitalidade consulte a páxina web valenciacapitaleconomiasocial.es.

Logotipo Capital Española de Economía Social 2024. València 2024

A Vicepresidenta Segunda e Ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, participou o 26 de febreiro no acto central de apertura de Murcia como capital da Economía Social nun acto no que tamén participaron a secretaria de Estado de Economía Social, Amparo Merino, o Nobel de Economía, Eric Maskin, e o presidente da rexión, Fernando López Miras, entre outras autoridades locais.

Durante este ano 2025 están previstos en Murcia máis dun centenar de actividades entre reunións, debates, actos, foros nacionais e internacionais, así como múltiples asembleas de entidades para dar a coñecer o potencial da Economía Social como modelo empresarial que achega desenvolvemento económico e social, así como innovación e inclusión.

A Capitalidade da Economía Social busca dar recoñecemento e visibilidade a un modelo económico e social que no noso país xa supón en torno ao 10 % do PIB a través de máis de 43 000 empresas e entidades que xeran preto de dous millóns de postos de traballo, tanto directos como indirectos.

Para máis información sobre as actividades no marco da capital, visite https://murcia-2025.es/

Logotipo Capital Española de Economía Social 2025. Murcia 2024

O 28 de outubro de 2025, no marco do Consello de Fomento da Economía Social, a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, anunciou que a cidade catalá de Mataró será a Capital Española da Economía Social en 2026.

Esta designación representa unha oportunidade histórica para reafirmar a lideranza da cidade na construción dun modelo económico máis xusto, democrático e sostible, así como para cohesionar e fortalecer este modelo nos ámbitos europeo, estatal e rexional.

Mataró consolidou un ecosistema sólido de cooperación entre administracións, empresas e entidades da economía social, universidades e cidadanía, que a sitúa como referente catalán e estatal no impulso da economía social. A isto súmase unha rica tradición cooperativa, que se remonta a 1864 coa creación da Cooperativa Obreira Mataronense e a súa emblemática Nave Gaudí, e que hoxe se proxecta nun ecosistema dinámico integrado por máis de 100 entidades que innovan en ámbitos como a cultura, a enerxía, os servizos e a inclusión social.

Baixo o lema «Reducir desigualdades, crear futuro», esta capitalidade aspira a converterse nunha plataforma de diálogo, innovación e acción, na que o coñecemento académico, a política pública e as redes entre entidades da economía social se poñan ao servizo do ben común. Para este fin, a capitalidade constituirá un espazo fundamental para impulsar e dar visibilidade a eixes de traballo como a xuventude e a economía social, a construción de alianzas e redes entre municipios e o fortalecemento da presenza das mulleres na economía social.

Logo_Mataro