É ECONOMÍA SOCIAL

Desde o Comisionado Especial para a Economía Social, grazas ó financiamento dos fondos MRR, dentro do PERTE da Economía Social e dos Coidados e, co fin de apoiar o cumprimento do Obxectivo 349 do Compoñente 23 «Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo», Investimento 6 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, realizáronse as seguintes actuacións para a mocidade.

Dirixido a estudantes de ensinanzas superiores (universidade e formación profesional), así como a mozos e mozas graduados.

obxectivo deste manual é presentar ós estudantes de ensinanzas superiores o concepto de economía social, así como as vantaxes que ostenta este modelo de emprendemento respecto doutras fórmulas empresariais.

Deste xeito, introducirase á xuventude nas distintas formas de empresa da economía social que operan nunha gran diversidade de sectores económicos, como son: as cooperativas, as mutualidades, as fundacións e as asociacións que leven a cabo actividades económicas, as sociedades laborais, as empresas de inserción, os centros especiais de emprego de iniciativa social, as confrarías de pescadores, as sociedades agrarias de transformación, as empresas sociais e as entidades singulares creadas por normas específicas.

Ademais, perséguese trasladar o atractivo destas formas empresariais á mocidade no contexto actual. Por iso, faise fincapé nos principios orientadores destas empresas e entidades, entre os que se atopa a primacía das persoas e do fin social sobre o capital (artigo 4 da Lei 5/2011 de Economía Social), así como na capacidade que teñen de ofrecer solucións colectivas e innovadoras ós principais desafíos globais: cambio climático, desigualdades, inclusión, fendas entre territorios, acceso a bens e servizos básicos etc.

Elaboración dunha metodoloxía detallada e innovadora para a constitución, preferentemente por mulleres e/ou mozos e mozas, de sociedades cooperativas, en zonas en situación ou risco de despoboamento.

A través desta metodoloxía téntase explicar de forma pormenorizada o modo no que se prevé a creación das sociedades cooperativas de ámbito estatal. Aínda que o contido da metodoloxía debe conter os aspectos comúns aplicables a tódalas zonas en situación ou risco de despoboamento, preténdese o estudo detallado de elementos singulares aplicables a territorios particulares.

Tanto na Orde TES/1233/2022, de 5 de decembro, onde se establecen as bases reguladoras e apróbase a convocatoria para a Convocatoria de axudas do Plan Integral de Impulso para a Economía Social 2022-2023, como na Orde TES/869/2023, de 22 de xullo, onde se establecen as bases reguladoras de axudas para o Plan Integral de Impulso á Economía Social de 2024 en diante, contemplan que os proxectos subvencionables que vaian dirixidos a mozos, para beneficiar a introdución dos mozos en actividades da economía social.

A través do Hub de vangarda, a Economía Social española busca converterse nun referente de socialización para que as novas xeracións de mozos e mozas poidan visibilizar e coñecer unha fórmula distinta, máis xusta, igualitaria e participativa de facer economía, co obxectivo, entre outros, de atraer talento á economía social.

Máis información sobre o HUB de vangarda.