As actuacións do Ministerio de Traballo e Economía Social, dirixidas á economía social, englóbanse dentro do Compoñente número 23 do PRTR de referencia «Novas políticas públicas para un mercado de traballo dinámico, resiliente e inclusivo», Investimento 6 «Plan integral de impulso á Economía Social para a xeración dun tecido económico inclusivo e sostible».
O desenvolvemento deste Plan integral de impulso á Economía Social lévase a cabo, fundamentalmente, mediante a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva a Entidades da economía social consonte co artigo 5 da Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social a través de:
Convocatorias de axudas para proxectos innovadores para os anos 2022 e 2023
Orde TES/1233/2022, de 5 de decembro.
Esta orde recolle as bases reguladoras e a convocatoria das axudas en réxime de concorrencia competitiva para o impulso da Economía Social desde un enfoque innovador.
Acceso á convocatoria 2022-23 na Sede Electrónica.
Orde TES/1069/2023, de 22 de setembro, pola que se conceden as axudas do Plan Integral de Impulso á Economía Social para a Xeración dun Tecido Económico, Inclusivo e Sostible para os anos 2022 e 2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Convocatorias de axudas para proxectos innovadores para os anos 2024 e 2025
Orde TES 869/2023, de 22 de xullo.
Esta orde recolle as novas bases reguladoras das axudas para a Xeración dun Tecido Económico, Inclusivo e Sostible.
Acceso á convocatoria 2024-25 na Sede Electrónica.
Orde de 5 de decembro de 2023, do Ministerio de Traballo e Economía Social pola que se convocan as axudas para o Plan Integral de Impulso á Economía Social para a xeración dun tecido económico, inclusivo e sostible, no marco do PRTR. | Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Goberno de España. (planderecuperacion.gob.es)
Os obxectivos que se perseguen con estas axudas son acadar:
O Comisionado Especial para a Economía Social, constituído o 14 de febreiro de 2023, dependente do Ministerio de Traballo e Economía Social, é o órgano encargado de impulsar, promover e coordinar todos os proxectos relativos ó Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica «Economía Social e dos Coidados» (PERTE).
En aplicación destes fondos tamén se levaron a cabo as seguintes actuacións: